Deteñen a un veciño de Vigo por roubo con forza en varios vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Ás 02:30 horas do 10 de setembro unha Unidade da Policía Local de Vigo foi comisionada pola Central de Información e Mando para que se dirixira á Avda. Da Hispanidade con R/ Amor Ruibal, onde ao parecer un veciño do lugar escoitara un forte ruído e ao asomarse á xanela observou a un individuo entre varios vehículos estacionados en actitude sospeitosa e a continuación introduciuse nun Mercedes clase A-170, saíndo aos poucos minutos e introducíndose nun Peugeot 508.

Outros veciños que igualmente observaron os feitos, facilitan a localización do individuo en cuestión achegando ademais a súa vestimenta.

Os axentes atópano no interior do Peugeot 508 tombado sobre o respaldo do asento traseiro dereito e con este abatido para acceder ao maleteiro, no que estaba a revolver unha caixa situada no mesmo.

Ao solicitar ao home que saíse do vehículo, efectuáronlle un cacheo superficial, atopando no interior dunha mochila: un desaparafusador, un alicate, un cordón e unha varilla.

Compróbase que os dous vehículos apuntados anteriormente presentan o seu portelo traseiro esquerdo fracturado.

Procédese á detención do que resultou ser A.D.R., natural e veciño de Vigo de 39 anos.

10 de setembro de 2014 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.