Desfile, espectáculo entrada libre e degustacións gratis en Ourense con CALPVRNIA
O sábado 13 de setembro a partir das 20.30 h na contorna monumental das Burgas nace un gran evento de moda e glamour en Ourense, CALPVRNIA, para potenciar o turismo de compras, a importancia turística e o termalismo de Ourense como capital termal, histórica e centro neurálxico da moda e o comercio.
A unión e colaboración de institucións, empresarios e comerciantes de Ourense para dinamizar mediante un evento artístico o turismo, o termalismo e o comercio de Ourense, plasmarase neste evento único que pretende ser un reclamo anual para a cidade de Ourense.
Calpurnia, a Gala de Comercio Ourensán contará con Rafa Durán e Diana Nogueira como presentadores ademais terá como artistas convidados a Mirian Villar de Operación Triunfo, a Loli Nogueira de Tú si que vales, a Aida Branco e a Adrián Rodríguez cantante e actor de Física y Química e do Chiringuito de Pepe.
Entre os actos previstos para a gala do Comercio de Ourense, Calpurnia, nas piscinas termais das Burgas terá lugar a Pasarela CALPVRNIA con pases de moda de importantes casas e deseñadores ourensáns como Roberto Verino, Araujo Piel, El Vestidor de Antonia, Intimo Varela con roupa interior masculina de Polo Ralph Lauren, Lise Ghermel para Intimo Candy, Joyería Loyma, Carlo Pignatelli e Eduardo Boss para Alvarino Cerimonia e Ana Barril Novias. Indicar que os peiteados e a maquillaxe dos e as modelos é xentileza da Asociación de Empresarios de Barbaría e Salóns de Beleza así como a decoración floral do evento corre a cargo da Asociación de Floristas de Ourense e Provincia.
Ademais nos xardíns das Burgas, poderán gozar dun espectáculo de luz e cor con animación de diferentes artistas e con barras de degustación gratis de produtos, exhibición de diferentes denominacións de Orixe e marcas relevantes galegas como veu con Denominación de Orixe Monterrei, xenebra Nordes e Nordesia, Cerveza Artesana Starla Cantinas, Bica de castañas e trufa de licor café por cortesía da Asociacion de Pasteleiros e Confiteros de Ourense, pan con Denominación de Orixe Pan de Cea, Xamón de Coren de porcos alimentados con castañas e Xantar Catering.
A Gala Calpurnia é posible grazas á unión, traballo e colaboración das distintas asociacións de empresarios e comerciantes da cidade de Ourense como: CCA Ourense Centro, CCA Couto centro, CCA Ourense Norte, Asociación de Empresarios e Comerciantes do 21, Asociación de Pasteleiros e Confiteros de Ourense, Pontevella Centro Comercial e Lecer, Asociación de Floristas de Ourense e Provincia, Asociación de Empresarios de Barbaría e Salóns de Beleza de Ourense, Federación de Comercio de Ourense contando co apoio do Concello de Ourense como principal patrocinador, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA.
Calpurnia, a Gala de Comercio Ourensán nesta ocasión será de entrada libre e gratuíta polo que desde a Federación de Comercio de Ourense faise extensible a invitación a este evento a todo o público, indicar tamén que as degustacións dos produtos serán gratis até fin de existencias.











