Curso para monitor de comedor escolar en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre vai poñer en marcha un curso de “Monitor de comedor escolar” para formar ás persoas que xa traballan neste ámbito ou están interesadas en facelo.

As persoas que fagan este curso obterán un diploma acreditativo e ademais o Carné de manipulador de alimentos.

DURACIÓN: Días 13,14 e 15 de outubro de 2014, de 9:30 a 13:30h.

LUGAR REALIZACIÓN: CEIP WENCESLAO FDEZ. FLÓREZ DE CAMBRE.

INSCRICIÓNS: O período de inscrición vai do 2 ao 7 de outubro, ambos incluídos.

– Para inscribirse deberá entregarse a solicitude de inscrición que achegamos en calquera dos rexistros municipais de Cambre.

– Para saber se o solicitante está admitido na actividade e cando vai comezar, deberase chamar ao teléfono 981 613 291 a partir do día 9 de outubro de 2014, ás 12 h.

– As baixas solicitaranse por escrito no rexistro de entrada municipal ou por correo electrónico na dirección:educacion@cambre.org o día 10 de outubro. Se non se presenta o dito escrito de solicitude de baixa, pasarase igualmente o cobro da cota da actividade.

NÚMERO DE PRAZAS: Mínimo 8, máximo 25.

REQUISITOS: Maior de idade.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Terán preferencia o persoal colaborador do comedor do CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre para o que terán que presentar a documentación que o acredite. A continuación as empadroadas no Concello de Cambre e logo os que traballen no termo municipal de Cambre. As prazas baleiras poderán ocupalas os veciños doutros concellos.

– Se houbera máis solicitudes que prazas o sorteo farase o día 9 de outubro ás 10:00 horas nas oficinas de Educación do Concello de Cambre situadas na Barcala.

– A orde das solicitudes en lista de espera, estará determinada segundo o resultado do sorteo e nas solicitudes entregadas fóra de prazo, segundo a data de inscrición.

TARIFAS E PAGAMENTO: As tarifas e reduccións serán as reflectidas no Acordo regulador de Prezo Público por Actividades Xuvenís vixente. Sendo un total de 20,00 euros.

– A tarifa é única e o cobro da mesma realizarase por medio de domiciliación bancaria, que é obrigatoria.

– A falta de asistencia á actividade en máis dun 10% do total de horas e xustificado non dará dereito á devolución do importe.

29 de setembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.