Curso de manipulación de alimentos en Marín
O Concello de Marín organiza un curso de manipulación e presentación de produtos pesqueiros na praza de abastos de Marín que terá lugar os días 7, 10, 14, 17 e 21 de outubro, en horario de 17 a 20 horas.
Para inscribirse poden facelo, ata esgotarse as prazas dispoñibles, no 886204352 ou ben no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com achegando o nome completo, DNI e número de teléfono de contacto.
Os obxectivos do curso van desde a capacitación para a análise da importancia da higiene na manipulación e presentación dos produtos pesqueiros frescos; adquirir os coñecementos e desesnvolver estrategias para a presentación dos produtos no punto de venda; manipular correctamente os produtos pesqueiros e marisqueiros ou a capacitación para a aplicación de diferentes técnicas de corte para a presentación dos produtos no punto de venda.











