publicidade hoxe

Cúbrense todas as prazas dispoñibles nas actividades dos clubs de lectura narrativa e positiva de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Un total de 40 persoas participarán nos Clubs de Lectura Narrativa e Positiva organizados pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, para o curso 2014-2015. Estas actividades se desenvolverán entre outubro e maio na Biblioteca Municipal de Praza de España. O número de prazas dispoñibles -20 por actividade- están xa todas cubertas, o que motivou que se tivera que pechar xa o prazo de inscrición.

O Club de lectura de Narrativa, coordinado por Norma Fariña Couselo, se desenvolverá os terceiros mércores de mes e en horario de 18:00 a 19:30 horas. Vicente Blasco Ibáñez, Leonardo Padura, Philip Roth ou David Grossman serán algúns dos autores que se lerán durante o club de narrativa. Pola súa banda, o Club de Lectura Positiva estará coordinada por Sabela Naranjo e terá lugar os cuartos xoves de mes, de 18:00 a 20:00 horas. Entre as obras seleccionadas para a actividade destacan “El mundo en tus manos” de Elsa Punset, “Heridas emocionales” de Bernardo Stamateas ou “Las gafas de la felicidad” deRafael Santandreu.

Club de lectura poética

A estas dúas actividades, hai que engadir o Club de Poesía que coordinará Juan Carlos Valle Karlotti e que se desenvolverá con entrada libre e sen límite de prazas. Así, a listaxe de poetas que se lerán, en horario de 19:30 e 21:00 horas, e os días de reunión son os seguintes:

– Luns, 13 de outubro: Gary Snyder e Herta Muller.

– Luns, 3 de novembro: Malcolm Lowry e Joumana Haddad.

– Luns, 24 de novembro: Justo Alejo e Ósip Mandelshtam.

– Luns, 15 de decembro: Vicente Araguas.

18 de setembro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.