Cristóbal Rodríguez competirá nas semifinais do Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará mañá nas semifinais do Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en Varsovia (Polonia) estes días. O obxectivo do noso deportista é clasificarse para a gran final, que terá lugar o sábado 6 de setembro, pero non será unha tarefa sinxela, xa que participan os mellores pentatletas do mundo.

España está representada en Varsovia por Cristóbal Rodríguez (actual campión de España sénior), Aleix Heredia e Marta García-Miguel, na categoría feminina. O equipo estivo preparando este mundial unha concentración en Font Romeu (Francia) e posteriormente no CAR de Sant Cugat. O galego acode a esta cita con moito optimismo a pesar da periostitis que o acompañou durante toda a tempada e que está combatendo con tratamento de fisioterapia.

Nestas condicións, Cristóbal buscará mañá esa praza na final do sábado, que non será precisamente sinxelo. Na final estarán os seis mellores dos noventa participantes e despois os dez primeiros de cada grupo (formado por trinta deportistas).

3 de setembro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.