publicidade hoxe

Cotobade finaliza as actuacións na Rede Natura na Serra do Cando e no Río Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

As actuacións que se levaron a cabo durante os anos 20103-2014 consistiron en acondicionamento e mantemento na Serra do Cando dirixido á posta en valor da Neveira do Seixo mediante o acondicionamento de sendeiros e mantemento dos elementos de sinalización así como o acondicinamento do entorno da Neveira.

No entorno do río Lérez actuouse no lugar de Calvelo mediante a instalación dunha pasarela peatonal de baixada cara a ponte peatonal sobre o Lérez, así como o desbroce do acceso a ponte medieval de S. Xurxo e a instalación de elementos de divulgación relativa a conservación dos hábitats naturais de fauna e flora representativas da ribeira.

O importe das actuacións ascendeu a un total de 19.981’47 € e foron subvencionados ao abeiro da Orde do 28 de setembro de 2012 da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se establecen as axudas a actividades, actuacións de concellos incluidos na Rede Natura.

O Concello de Cotobade, unha vez máis, orienta as súas actuacións cara a conservación medioambiental da gran riqueza natural, paisaxística coa que conta Cotobade.

3 de setembro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.