Corte de tráfico nas rúas de Santiago por mor da XIII Volta ciclista a Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Mañá, venres 19 de setembro, celebrarase entre as 17.00 h e as 19.00 horas a XIII Volta ciclista a Galicia con saída da rúa Castiñeiriño dirección AC-841 (A Estrada) e volta dirección Santiago pola AC-841 con meta no lugar de Montouto (Teo).

Para facilitar o desenvolvemento da proba pecharanse parcialmente ao tráfico as rúas mencionadas (permitirase o paso do transporte público, metropolitano e o do Colexio Peleteiro) a partir das 13.00 horas. Entre as 16.00 h e as 17.00 h (hora da saída da carreira) o peche á circulación será total.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

18 de setembro de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.