Continúan as actividades de dinamización sobre o Castro das Croas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Para darlle continuidade ao proceso iniciado coa recente escavación do Castro das Croas (Salcedo), a Concellaría de Patrimonio Histórico organiza a vindeira semana un ciclo de conferencias e mesas redondas no que participarán historiadores, arqueólogos e antropólogos. As actividades desenvolveranse no Local social de Cabanas-Salcedo, e a asistencia é libre e e de balde. Non é necesaria a inscrición previa.

As xornadas celebraranse os días 23, 24 e 25 de setembro no seguinte horario:

• Martes, 23 de setembro ás 18.30 h. Mesa redonda sobre arqueoloxía coa participación de Antonio de la Peña (Museo de Pontevedra), arqueólogo e conservador do Museo de Pontevedra, director da excavación de 1993; Eduardo Méndez (IEM), arqueólogo do Museo do Mar, director da excavación de 2014.

• Mércores 24 de setembro. 19 h Mesa redonda sobre antropoloxía e usos do Monte das Croas coa participación de Buenaventura Aparicio, antropólogo; Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA.

• Xoves 25 de setembro. 19 h Conferencias de Estevo Amado Rodríguez, Licenciado en Historia e Máster en Arqueoloxía (USC): “Alimentación e consumo na Idade do Ferro. O castro das Croas e os seus coetáneos”; e de María Martín Seijo (doutora en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela): A vida cotiá na Idade do Ferro a partir do estudo dos combustibles leñosos é as manufacturas en madeira

18 de setembro de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.