Concertos de promoción da escola municipal de música de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe ás 10:30 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante de 180 alumnos/as do Pedro Caselles) e ás 11:40 horas no ximnasio do IES Illa de SArón (diante de 80 alumnos/as do IES Illa de Sarón), tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove (trio composto por un clarinete, un violín e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.

Con estes dous concertos abreuse o Curso 2014-2015 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade, cultural por un lado, e por outro promocional, no sentido de que se aproveitan para publicitar a Escola e para animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro; concretamente, ata o día 30 de setembro nas Oficinas Municipais, no Rexistro de Entrada, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música.

Loxicamente, os dous concertos organízanse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de SArón.

17 de setembro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.