Concello de Vilagarcía e asociación de veciños buscan solucións para ensanchar a rede secundaria de camiños en Bouza de Cea
O Concello e a asociación de veciños de Cea están a colaborando para conseguir mellorar a rede secundaria de camiño no lugar da Bouza. A media pretende solucionar a problemática que presentan os camiños máis estreitos polos que non poden acceder camións ou furgonetas, e mesmo que impiden o paso de vehículos de emerxencias. Froito desta colaboración, persoal do Concello está traballando xa no ensanche dunha pista.
A necesidade de ensanchar varios camiños secundarios na zona de Bouza de Cea planteouse nunha das reunións que periodicamente manteñen a concelleira de Obras, Vías e Infraestruturas, Ana Granja, e o concelleiro do Rural, Manuel Méndez, cos distintos colectivos veciñais da periferia. A necesidade de actuar reside en que debido a angostura dos camiños actuais prodúcense dificultades que teñen as ambulancias, vehículos de incendios ou mesmo coches fúnebres a chegar a moitas vivendas. O problema é que as pistas lindan directamente con terreos privados polo que, para ensanchalas, habería que chegar a acordos cos titulares.
O acordo de colaboración acadado entre administración local e a asociacións reside en que o colectivo encárgase de xestionar a cesión dos terreos cons propietarios. Pola súa parte,. O Concello solicitou os servizos de topografía da Deputación para que fagan as medicións oportunas para saber que superficie se precisa en cada caso e, unha vez logrados os terreos, acometer as obras.
O primeiro froito destas negociacións foi a cesión gratuíta dunha franxa de terreos dunha veciña que permitirá ensanchar o camiño que conduce dende a Avenida de Rubiáns, nas inmediacións da gasolineira, ata Atunsa. Operarios municipais traballan xa na zona.











