Concello de Cervo e ANPAS poñen en marcha unha nova actividade lúdico-deportiva na piscina de Lieiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello, a través das Concellerías de Deportes e Educación, ofrecerá esta temporada unha nova actividade na piscina municipal de Lieiro na que contará coa colaboración das ANPAS dos colexios de Cervo e San Ciprián. En concreto trátase dunha iniciativa lúdica enfocada á diversión a través do deporte.

Unha actividade que será gratuíta e que se pon en marcha como complemento á oferta de cursos que todas as temporadas se programan na piscina cuberta de Lieiro, pero que neste caso está dirixida exclusivamente a nenos e nenas dos cursos de infantil e primaria de ambos colexios.

O día de celebración está previsto para os venres pola tarde pero a hora exacta será confirmada cando se dispoña dunha listaxe de alumnos interesados. De feito, as ANPAS están distribuíndo unhas follas de pre-inscrición a través dos colexios para poder coñecer a demanda e desta maneira organizar os grupos.  

Guillén considera que con esta actividade “diversifícase a oferta de actividades na piscina”. Pola súa banda, Armada quixo agradecer ás ANPAS dos dous colexios “a súa implicación con esta iniciativa e a súa habitual disposición a colaborar co Concello”.    

17 de setembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.