publicidade hoxe

Comezan as obras de reparación das xuntas de dilatación de dous viadutos da estrada Ourense – A Pobra de Trives

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe os traballos de reparación das xuntas de dilatación de dous viadutos da estrada Ourense- A Pobra de Trives (OU-536), situados no tramo comprendido entre o punto quilométrico 2+600 e o 3+250.

A reparación consiste na substitución das vellas xuntas de dilatación de dúas obras de paso. As obras consisten no corte do aglomerado, realización da caixa e instalación de novas xuntas de dilatación, cunha lonxitude total de 44 metros. Precísase interromper o tráfico sobre as xuntas durante o tempo preciso para que o morteiro de suxeición frague e adquira a resistencia necesaria para soportar as cargas do tráfico. Trátase dunha actuación de reparación de xuntas nas obras de paso que se levan a cabo polo departamento de Infraestruturas no marco dos contratos de conservación ordinaria das estradas de titularidade autonómica.
Os traballos prolongaranse durante tres xornadas, polo que ata o mércores 3 de setembro pecharase ao tráfico este vial e habilitarase un itinerario alternativo pola estrada OU-137 (OU-536- Ceboliño- OU-536), antigo trazado da OU-536. No mapa indícase o tramo afectado polo corte, así como o itinerario alternativo.

Outras actuacións no entorno de Ceboliño

Os traballos que hoxe se inician foron coordinados coa obra de mellora da seguridade viaria que está a levar a cabo a Consellería de Medio Ambiente; Territorio e Infraestruturas na estrada OU-137, na que se inverterán preto de 250.000 euros.

Esta obra consiste na rehabilitación do firme da estrada e a execución de beirarrúas de formigón ao longo de 750 m (entre o p.q. 0+090 e o 0+840), o que permitirá a separación do tráfico de vehículos e peóns da estrada. A obra está moi avanzada e resta unicamente por executar a sinalización, que se levará a cabo en canto se retire o desvío de tráfico, polo que quedará rematada ao longo deste mes de setembro.

Unhas das prioridades da Consellería de Medio Ambiente é a conservación das estradas das que é titular. Nese sentido, a Consellería ten previsto mobilizar arredor de 306 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria, ás que se destinará preto de 190 millóns de euros, un 62% do total dos contratos de obra que se realizarán en 2014.

1 de setembro de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.