publicidade hoxe

Comeza o Outono Cultural en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 3 de outubro

20.00 h – Centro Cultural-Auditorio de Rianxo
APERTURA DA EXPOSICIÓN: H2O … botar auga no mar de Olláparo, asociación fotográfica

Do 3 ao 25 de outubro, poderá visitarse no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo a exposición H2O … botar agua no mar a cargo de Olláparo, asociación fotográfica. O horario de apertura da exposición é o seguinte: os luns de 11.00 a 14.00 horas, de martes a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h e os sábados de 10.30 a 13.30 h e de 16.30 a 19.30 horas.

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: Misión Sapiens a cargo da compañía teatral Malasombra

Misión Sapiens é un espectáculo teatral de autoaxuda que en menos de dúas horas transformará ao público nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro.

A obra está destinada a un público maior de 16 anos.

As entradas son gratuítas e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo do espectáculo.

Sábado 4 de outubro

12.00 – Biblioteca Pública Municipal de Rianxo
CONTACONTOS FAMILIAR: O soño do rato a cargo de Intres

Dirixido a un público familiar, Olga Abad mediante a obra O Soño do rato conta a historia do rato César. E o seu soño, viaxar no tren que transporta libros para a biblioteca. Unha historia onde a ilusión por coñecer será tan forte que vencerá os seus medos.

30 de setembro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.