Comeza con total normalidade o novo curso para máis de 84.300 escolares da provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na visita ao inicio do curso en Cabanas

Belén do Campo na visita ao inicio do curso en Cabanas

Hoxe mércores, 10 de setembro, comezaron as clases con total normalidade nos ciclos de Educación Infantil e Primaria para 84.311 alumnos e alumnas dos 93 concellos da provincia da Coruña. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, que estivo nas primeiras horas do curso no Colexio de Educación Infantil e Primaria Eladia Mariño, do concello de Cabanas, deu conta da ausencia de incidencias. Na visita estivo acompañada polo alcalde, Germán Castrillón, e polo xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana. Na vila, o número de alumnos de Infantil é de 54, mentres que o de Primaria, de 117. Na comarca do Eume, na que se asenta este municipio o número total de escolares que hoxe comezan as clases ascende a 1.696.

Educación Infantil

Do total de alumnos que hoxe comezan as clases na provincia, 27.836 pertencen a Educación Infantil, que por tipo de centros quedan do seguinte xeito:

 
Centros públicos 2014/2015
Centros privados e concertados 2014/2015
A Coruña
19.828 alumnos
8.008 alumnos

Nesta etapa educativa, o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior:

 

    2013/2014

   2014/2015
A Coruña

   383 alumnos

 332 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda, segundo os datos provisionais que manexa a Consellería 56.475 alumnos están matriculados en Educación Primaria.

 
Centros
públicos 2013/2014
Centros privados e concertados
2014/2015
A Coruña
40.208 alumnos

 16.267 alumnos

No caso de Educación Primaria, a diferenza no número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española é de 114 estudantes menos:

 
2013/2014
2014/2015
A Coruña
1.604 alumnos
1.490 alumnos

Centros escolares

Os centros que desde hoxe imparten ensinanzas de Educación Infantil e Primaria quedan distribuídos do seguinte xeito:

 
 

A Coruña

Educ. Infantil
66
Educ. Primaria e Infantil(1)
244
Educa. Primaria e Secundaria (2)
56
Total
366

(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de Educación Infantil.

(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de Educación Infantil.

Obras de mellora

O curso que hoxe comeza, correspóndese co ano escolar no que realizaron obras de mellora en numerosos centros educativos da Coruña. Cabe destacar a entrada en funcionamento do novo CEIP de Sigüeiro, en Oroso, e do novo aulario do CEIP Bergantiños, en Carballo, cos que se dará resposta ás necesidades de matrícula destes concellos. Na mesma liña, continúan os traballos para dotar dun novo aulario ao CEIP Vales Villamarín, de Betanzos, ao colexio Sada y sus Contornos, de Sada, e ao CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña, así como a construción do novo centro de Nós, en Oleiros.

Atención a todas as necesidades

Neste punto cómpre destacar que a Consellería volve a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa –pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.

Así, e grazas a diversas medidas tomadas a cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, ás necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.

A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos, fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. 

10 de setembro de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.