publicidade hoxe

Colombia presenta as oportunidades para a empresa galega na CEP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPontevedra
A-
A+

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), no marco das actividades de fomento da internacionalización da empresa galega, presentará as oportunidades dispoñibles para as empresas e investidores galegos en Colombia, mañá, venres 26 de setembro, a partir das 9:30 am.

Precisamente o país colombino foi un dos primeiros destinos escollidos pola CEP para as súas misións empresariais, realizando unha a Bogotá en 2009, como lembra Luís Novoa, presidente da CEP, encargado de inaugurar a cita. “Desta sensibilidade especial cara a Colombia, país co que traballamos de forma contínua, e onde xa hai establecidos máis dunha ducia de empresarios que chegaron alí da nosa man, ben en solitario ou con socios locais, nace esta xornada”.

O encontro empresarial, no que hai máis de 40 empresarios inscritos, consta de catro relatorios. O representante de Proexport Colombia, Pascual Martínez Munárriz, explicará aos asistentes o Proceso de transformación dun país, mentres que Juan Gabriel Pérez Chaustre, director de Invest in Bogotá, abordará as características e oportunidades únicas do mercado colombiano.

Os aspectos legais máis importantes á hora de investir en colombia serán introducidos por Juan Manuel Díaz, director de Cremades & Calvo-Sotelo Bogotá, e as Vantaxes da Zona Franca de Bogotá presentaraas Juan Pablo Rivera. Presidente da Zona Franca de Bogotá. Ao finalizar, haberá un coloquio no que os asistentes poderán resolver calquera dúbida que poida haberlles xurdido.

25 de setembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.