publicidade hoxe

COGAMI forma como controladores de accesos a 12 persoas con discapacidade de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

O xoves, 18 de setembro, as instalacións do centro de recursos Asprodico de Ponteareas (situado en Barrio Canedo s/n) acollen un curso de formación de Auxiliar de Servizos de Control de Accesos dirixido a persoas con discapacidade, que financia a Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 12 persoas, 11 homes e 1 muller, veciños dos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, A Cañiza e Mondariz, asistirán ás clases presenciais que se van impartir de luns a venres en horario de 15:30 a 21:00 horas.

Todas as persoas que forman parte deste curso son usuarias do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI de Vigo. Proceden doutras profesións e decidiron apuntarse ao curso porque o ven como unha oportunidade de novas posibilidades laborais.

Cunha duración de 280 horas, co que rematará a mediados do mes de novembro, o curso de Controlador de accesos comprende temática sobre informática, área socioprofesional, tecnicoprofesional, xurídica e mecanografía, complementándose coa realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da zona.

Con este curso que inicia en Ponteareas, son 20 os que COGAMI imparte este ano en Galicia, logrando que sexan 300 as persoas con discapacidade que se formen nunha profesión para que, en definitiva, poidan inserirse no mercado laboral e conseguir a súa inclusión na sociedade.

17 de setembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.