Chega ao Teatro Colón o espectáculo “Cena con amigos”
Chega ao Teatro Colón a última posta en escena do reputado dramaturgo arxentino Daniel Veronese, Cena con Amigos. Este texto, escrito polo norteamericano DonaldMargulies, gañou o Premio Pulitzer no 2000 e achéganos a hipocrisía e falsidade nas relacións. A obra poderá verse no Teatro Colón o xoves 18 e o venres 19 ás 20.30 horas.
Daniel Veronese, Premio MAX ao mellor director iberoamericano, recalca a beleza e intelixencia deste texto. Todo comeza cunha cea entre amigos, compartindo anécdotas e vivencias. De súpeto, a noticia da ruptura dunha das parellas comeza a romper esa aparente serenidade. Veronesepon a atención na hipocrisía familiar que mira cara fóra e moi pouco cara dentro.
May Pascual, Gloria López, José Olmo e Orencio Ortega dan vida a estas dúas parellas de amigos que durante unha cea, decátanse da fraxilidade dunha relación que parecía perfectA e inquebrantable. Unha proposta que ven abalada polos premios e pola crítica: ‘En Cena con Amigos parece regresar el mejorVeronese […] Los cuatro actores dan mucho de sísinsalidas de tono, se mueven en una regiónmuy definida, pocoestridente’ –P.J.L. Domínguez, Guía del Ocio. ‘Se recomienda ver Cena con Amigos, solo o de tres en tres, y no en pareja, por lo que pudiera pasar. Hay en este texto de DonaldMargulies una belleza simple, el dulce encanto de una burguesía que desconoce su propia tragedia’, Javier Villán, El Mundo.
A programación semanal do Teatro Colón complétase coa actuación do humorista GoyoJiménez, o sábado 20 ás 19.30 e ás 22.00 horas, e co espectáculo infantil ¡Vivan los niños!, un musical da compañía La Guagua con función o domingo 21 ás 18.00 horas.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.











