publicidade hoxe

Cee organiza un novo concurso de carteis contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

O Concello de Cee inicia o prazo de presentación de carteis para o VI Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero. O período no que poderán enviarse as propostas estará aberto ata o 7 de novembro, segundo as bases publicadas no BOP nº 181 do martes 23 de setembro. Con este concurso preténdese concienciar sobre esta lacra social que terá o 25 de novembro como día para a eliminación da violencia contra a muller.

As propostas poderán presentarse no rexistro do Concello de Cee e establécense os seguintes premios segundo categoría:

-Maiores de 18 anos: 200 €

-Alumnado de bacharelato: 100 €

-Alumnado de 3º e 4º da ESO: 100 €

Para recibir maior información os interesados poderán contactar co CIM.

24 de setembro de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.