Cedeira recupera a festa de Exaltación do Percebe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, anunciou esta mañá a intención do Concello de recuperar a festa do percebe da vila. Unha cita que no 2012 cumplía dezasete anos de vida e cuxa celebración se interrumpía no 2013 despois de que a súa organización recaese na Confraría de Pescadores nos seus inicios e consolidación, e na iniciativa privada nas últimas edicións.

Este ano, o rexidor explicou que o Concello asumirá a súa organización baixo a denominación I Exaltación do Percebe de Cedeira –XVIII Festa do Percebe-. Financiará a celebración grazas a unha subvención solicitada pola Administración local e que recentemente foi aprobada. Así, os fondos proceden da Xunta de Galicia, do Ministerio de Medio Ambiente e da UE.

Nesta liña, o alcalde apunta que a festa se celebrará os días 20 e 21 de setembro e, neste caso, máis aló da degustación do producto gastronómico por excelencia da vila, o Concello proporá ao público toda unha serie de actividades paralelas. Así, Luis Rubido avanza que, entre elas, haberá sitio para unha homenaxe aos percebeiros locais a través da proxección de audiovisuais sobre a súa vida e traballo. Ademáis, celebraránse obradoiros mariñeiros dirixidos ao público infantil e sesións de showcooking –demostracións en directo a cargo de chefs galegos que cociñarán diferentes recetas co percebe como ingrediente principal-.

Os asistentes poderán participar tamén en cursos rápidos de cociña de mercado e, os máis pequenos, en obradoiros de cociña infantil. Así mesmo, a música tradicional terá tamén un papel destacado. E, paralelamente, instalaráse un mercadillo e unha taberna galega. O obxectivo, segundo explicou o alcalde, é claro: promocionar o mellor percebe do mundo, o de Cedeira, a través dunha festa e ofrecer unha nova razón, neste caso gastronómica, para achegarse á vila e disfrutar dos seus encantos.

1 de setembro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.