Cedeira incorporará tecnoloxía LED ao alumbrado público das Avenida de Castelao e da Area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde, Luis Rubido, anunciou esta mañá que o Concello procederá á renovación dos puntos de luz ubicados nas Avenidas de Castelao, a vía principal de entrada á vila, e máis da Area. Sustituiránse por lámpadas LED máis eficientes enerxeticamente e, por tanto, máis respectuosas co medio. A intención do Concello, segundo explicou o rexidor, é reducir a factura eléctrica que abona a Administración local, pero sen renunciar a un servizo de calidade. Así, as lámpadas a instalar ofrecerán unha intensidade lumínica maior que as actuais sobre beirarrúas e vías.

Esta actuación de eficiencia enerxética nas instalacións do alumeado exterior levaráse a cabo na Avenida de Castelao –ata a rotonda da praza de Galicia– e máis da Area –entre esta última rotonda e ata o cruce coa rúa Gaias da Area (nas proximidades do polígono)-. A sustitución das luminarias por tecnoloxía LED conta cun orzamento duns 58.000 euros. Cantidade que se financiará na súa maior parte cunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia, namentras que o Concello aportará en torno a uns 11.000 euros. O Concello xa sacou a contratación os traballos, presentándose once empresas ao concurso, e conta con rematar o proceso nas próximas semanas para iniciar as obras canto antes.

25 de setembro de 2014 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.