Cedeira acollerá o 13 de setembro a quinta edición da marcha a pé

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

As persoas interesadas en participar na quinta edición da Marcha a Pé Terras de Cedeira poden formalizar a súa inscripción vía email (marchascmf@gmail.com) ou presencialmente (na Oficina de Turismo da vila ou no establecemento Cedeira Sport, na Avenida de España). O prazo remata o 8 de setembro.

Organizada polo Club Montaña Ferrol, esta cita conta coa colaboración do Concello de Cedeira e terá lugar o vindeiro 13 de setembro, ás 9,30 horas e punto de partida no Parque do Sagrado Corazón. A cuota a abonar para participar é de 15 euros, excepto para socios e veciños de Cedeira, que pagarán dez, ou federados, que abonarán oito euros. Neste senso, a organización conta con igualar ou mellorar o rexistro de participación do ano anterior, cando se deron cita máis de cen persoas.

O percorrido será de corenta quilómetros e está pensado para maiores de dezaoito anos ou de dezaseis con autorización paterna por escrito. A organización habilitou o seguinte blog con información do evento: http:cedeiraape.blogspot.com.

3 de setembro de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.