publicidade hoxe

Catro obras disputan o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do realityshow e Onde as mulleres se chaman Galiza. O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, deliberou este luns 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente o vindeiro venres cando o xurado emita o seu veredicto final.

8 de setembro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.