publicidade hoxe

Carral acolle un obradoiro para iniciarse no glicée

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Como actividade paralela á exposición organízase unha quedada-obradoiro para coñecer esta técnica de ilustración vectorial. Luis Galán fará unha sesión práctica sobre o glicée o sábado 4 de outubro, de 10:00 a 13:00 h. As persoas interesadas poden anotarse de balde na Casa da Cultura.

Este obradoiro pode resultar de interese para afeccioados e afeccioadas ao debuxo, a pintura, o deseño gráfico, a fotografía ou para creadores audiovisuais.

AÍNDA HAI PRAZAS PARA A VIAXE A OPORTO

A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza unha viaxe cultural á cidade de Oporto, en Portugal, que se levará a cabo do 10 ao 12 de outubro.

A excursión comprende a visita guiada á segunda cidade portuguesa, unha viaxe en barco polo río Douro, visita a unha bodega de viño, e percorridos turísticos polas localidades de Póvoa de Varzim, Aveiro e Guimaraes.

O prezo da viaxe é de 200 € por persoa e comprende os gastos de transporte en autocar, aloxamento en hotel de tres estrelas en Oporto, todas as comidas e as visitas e viaxes previstas.

Para inscribirse as persoas interesadas deberán facelo na Casa da Cultura antes do 2 de outubro. As prazas son limitadas.

ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS CULTURAIS, DEPORTIVAS E EDUCATIVAS DO CONCELLO DE CARRAL

As concellerías de Deportes, de Cultura e de Educación presentan unha nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro .

Entre as actividades que se ofertan destacan equitación, zumba, teatro, fotografía, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, fútbol, patinaxe, teares e tapices, cociña infantil e saudable, cociña para adultos, ximnasia rítmica, tai chi ou debuxo, entre outras. Existe oferta de escolas para Carral, Tabeaio, Cañás, Quembre e Herves.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan cun mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura (tel. 981 672 580).

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

26 de setembro de 2014 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.