Carballo asina os tres contratos para a construción de sobreanchos, rebacheo e reparación de camiños do POS 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura dos tres contratos de obras incluídos no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2014 (POS), no que estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes da empresa Construcciones López Cao SL (na imaxe) e Ramón Vázquez y Reino SL, adxudicatarias das melloras. Así, serán os encargados de realizar os traballos de “Rebacheo e reparación en varios camiños das parroquias de Carballo e Sofán no Concello de Carballo”; os traballos de “Construción de sobreanchos e mellora do firme en varios camiños das parroquias de Berdillo e Sofán no Concello de Carballo”; e os de “Ampliación e reparación en varios viais estruturantes das parroquias de Noicela, Lema, Oza, Bértoa, Sísamo e Goiáns do Concello de Carballo”.

Nos dous primeiros casos, a adxudicataria é Construcciones López Cao. No caso de rebacheos, o prezo de adxudicación foi de 214.353,92 euros (IVE incluído). Nas obras de sobreanchos, o prezo de adxudicación foi de 203.866,85 euros (IVE incluído). Para rematar, no que se refire a ampliación de camiños estruturantes, a adxudicataria é Ramón Vázquez e o prezo de adxudicación foi de 220.153,45 euros (IVE incluído). O prazo de execución previsto para os tres proxectos é de dous meses. Os representantes das dúas empresas manifestaron a súa vontade de comezar cos traballos o antes posible.

5 de setembro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.