Cantigas e Agarimos actúa en Marín o 28 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMarín
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece es domingo na alameda de Marín unha actuación a cargo da formación compostelá de baile e música tradicionais Cantigas e Agarimos, que terá lugar a partir das 19:30 horas no recinto da alameda desta localidade no marco do programa ‘Danza 3. Folclore na rúa’.

Na actuación en Marín os músicos, cantareiras e bailaríns de Cantigas e Agarimos brindarán ao público unha selección do seu amplo repertorio a través dunha concepción formal adaptada ao espazo aberto dispoñible e que buscará a implicación dos espectadores.

Divulgación do noso patrimonio inmaterial

O obxectivo desta programación é transmitirlle á sociedade a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario co que se poñen en escena. Contribúese, deste xeito, á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial, tarefa na que estas tres formacións veñen traballando intensamente desde a súa fundación. De feito, e unidas como colectivo baixo as siglas XOC, Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos son as impulsoras da proposta para lle solicitar á Unesco a declaración do baile galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

24 de setembro de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.