Cangas pon en marcha dous cursos de creación e xestión de microempresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Finalizado o concurso para a contratación da empresa que se encarga de enviar ao persoal docente que imparte nestes momentos os dous cursos de Creación e xestión de microempresas que comenzaron o martes 26 de agosto na Casa de Oficios do Concello (986304650).

Con anterioridade a esta adxudicación, o Concello de Cangas tivo que validar na Xunta de Galicia o persoal docente proposto polas empresas, garantindo así que cumpre cos requisitos que para o profesorado se esixen no certificado de profesionalidade desta especialidade de Creación e Xestión de microempresas.

O Concello de Cangas ten en marcha un curso en horario de mañá e outro en horario de tarde, cun máximo de 15 alumnos en cada un, obtendo os participantes ao seu remate un certificado de profesionalidade do nivel máis alto (nivel 3)

A subvención que reciben estes cursos, tanto os dous de Creación e Xestión de Microempresas como os dous de Xestión administrativa e financeira do Comercio Internacional, da Consellería de Traballo e Benestar e da Unión Europea é de 244.287,75 € facendo posible que sexan totalmente gratuítos para o alumnado, coa posibilidade ademais de obter diferentes axudas económicas segundo as circunstancias de cada participante (por transporte, discapacidade, conciliación, etc.).

En cada un dos cursos iniciados de Creación e Xestión de Microempresas impártense os módulos formativos de: Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas (120 horas), Dirección da actividade empresarial (90 horas), Comercialización de produtos e servizos (90 horas), Xestión administrativa e económico- financeira (120 horas) e Xestión da prevención de riscos laborais (60 horas). A formación remata con prácticas formativas en empresas

Os curos de Xestión Administrativa e Financeira do Comercio Internacional tamén está en marcha desde o pasado 1 de agosto e rematarán o 15 de decembro.

6 de setembro de 2014 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.