Campaña de recollida selectiva e reciclaxe en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O próximo 18 de setembro, terá lugar a “Campaña de información e Concienciación sobre a Recollida Selectiva e a Reciclaxe” en Marín. O horario será de 10 a 14h, e de 17 a 19h.

O obxectivo da campaña é incidir directamente na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos seus fogares e informar sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.

Para levar a cabo a Campaña, na alameda situarase un aula mobil dende o que os monitores darán información aos asistentes. Ademáis haberá unha carpa onde desenvolverá o xogo “Xogo da reciclaxe de SOGAMA” dirixido os nenos.

16 de setembro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.