Campaña de desratización no Carballiño
O concello do Carballiño está a realizar durante estes días unha acción de desratización, debido a algunhas denuncias rexistradas no consistorio, en concreto de veciños e comercios da rúa Perfectino Vieitez onde, segundo esas denuncias, foron vistos roedores.
Os labores de desratización realizásense na citada rúa, e nas lindeiras, para eliminar por completo este problema.
Cabe sinalar que o concello do Carballiño realiza estas accións de desratización dúas veces ao ano ou, en circunstancias como as que se dan nestes días, cando se detecta algún foco puntual de aparición deste tipo de roedores.











