Cambre oferta 20 prazas para desempregados nun programa de formación sobre Mercadotecnia Dixital
O Concello de Cambre, dentro do PLAN DE EMPREGO CAMBRE, ten previsto impartir un programa de formación na especialidade ”MARKETING DIXITAL”. O obxectivo e formar a traballadores/as desempregados/as do Concello de Cambre, que conten previamente cos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para poder desenvolver postos de traballo como profesionais do marketing dixital. O programa formativo da especialidade “Marketing dixital” está deseñado para profundizar nas funcións intrínsecas desta ocupación e abordar, entre outras cuestions, a investigación de mercados online, o deseño de estratexias de marketing dixital, a optimización de páxinas web, o posicionamento en buscadores, a promoción online, a planificación de campañas de Email, marketing e marketing mobile, o uso das redes sociais e o comercio electrónico, etc. O programa impartirase no Centro Municipal de formacióne contará cunha formación teórico-práctica de carácter presencial (200 horas) en aula xunto con traballo práctico titorizado en empresas colaboradoras.
O alumnado realizará un mínimo de 70 horas de traballo práctico en empresa. Durante este tempo e baixo a dirección do titor de prácticas, realizarán un proxecto. A realización deste proxecto final de curso é obrigatorio para superar o programa formativo. O programa comezará previsiblemente a finais de setembro e depende da adxudicación do contrato de docencia. O número máximo alumnos será de 20,se non se chegara a un mínimo de 15 alumnos non se iniciaría a formación.
O programa está dirixidopreferentemente desempregados, do Concello de Cambre, que conten con coñecementos de informática, social media e Tics, e con habilidades e aptitudes para poder desenvolver postos de traballo como profesionais do marketing dixital.Terán preferencia os licenciados, diplomados ou graduados en comunicación, turismo, socioloxía, publicidade, relacións públicas, periodismo, marketing, deseño, ADE ou informática, ademais dos profesionais do ámbito da comunicación ou equivalente. Por outra banda, valorarase as persoas con experiencia profesional en ocupacións relacionadas e emprendedores/as cun proxecto no que proceda esta formación.
INFORMACIÓN E PREINSCRICIÓNS: Na Axencia de desenvolvemento local do Concello de Cambre, a partir do luns 8 de setembro. TF: 981 613196. A impartición desta formación está condicionada á resolución favorable da adxudicación do servizo de docencia.











