Cambre inicia o prazo de inscrición para as actividades educativas 2014/2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Concellería de Educación presenta as actividades escolares que arrincan en outubro e cuxo prazo de inscrición comeza o próximo día 12 até o 22 deste mes. Trátase de actividades destinadas aos nenos e nenas de Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. Entre elas destacan: Minitenis, Badminton, xadrez, juegopeques, informática, ciclismo, educar xogando, e taller de inglés.

As propostas son variadas e a oferta é superior á do curso pasado aínda que continúa centrándose en aspectos lúdicos, culturais, tecnolóxicos e sociais, así como os vinculados a hábitos, servindo de complemento ao labor formativo ordinaria que se realiza nas aulas dos centros escolares cambreses. Están dirixidas á totalidade dos centros educativos dl concello e realízanse en horario escolar e ademais de estar organizadas e financiadas integramente polo Concello de Cambre.

9 de setembro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.