Caixa Rural Galega instalará bicicletas solidarias en Santiago nesta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Cada quilómetro do pedaleo voluntario do público nas bicicletas solidarias que estarán o sábado e o domingo na carballeira de Santa Susana, no parque da Alameda, traducirase nun quilo de comida para doar ao Banco de Alimentos.

Bicicleta Solidaria é un proxecto impulsado por Seguros RGA e o Grupo Caja Rural, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. As cantidades que se obteñan ao converter os quilómetros pedaleados nas bicicletas solidarias en quilos de comida en cada etapa de La Vuelta 2014 serán doadas polas caixas rurais das zonas onde se desenvolven aos bancos de alimentos locais. No caso das etapas de Galicia, a recadación será entregada por Caixa Rural Galega á Federación Galega de Bancos de Alimentos.

Así, esta fin de semana, a do final de La Vuelta, funcionarán na carballeira de Santa Susana tres bicicletas solidarias contra o reloxo e dúas para nenos conectadas a videoxogos.

Na 68.ª Vuelta a España esta campaña resultou un éxito e logrou reunir a nivel nacional 20 toneladas de comida con máis de 20.000 quilómetros solidarios, das cales 3 foron conseguidas nas bicicletas promovidas por Caixa Rural Galega.

Na campaña actual, no que vai de percorrido de La Vuelta por todo o país, xa se xuntaron máis 17 toneladas. Na Coruña pedaleáronse 805 quilómetros e en Meis outras 828, co que a previsión de Caixa Rural Galega é acadar as 4 toneladas nas etapas de Galicia.

12 de setembro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.