publicidade hoxe

Cabanas acolle un curso homologado de monitor de actividades de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes e en colaboración coa escola de tempo libre Tempus Narón está preparando a organización dun curso oficial de monitor de actividades de tempo libre. Este curso dará inicio o próximo 18 de outubro e ó finalizar o mesmo os seus participantes recibirán o título oficial homologado pola Xunta de Galicia.

O curso vai incluír un programa completo de clases e actividades, facéndoselle entrega a cada participante da documentación e material necesario para levar a cabo todo o preciso durante o mesmo. Contarase tamén con titorías e informes personalizados. Consistirá este curso nunha primeira parte teórica de 200 horas e posteriormente unha práctica de 150 horas. O lugar escollido para impartir o curso será a Escola Laica de Cabanas e o horario previsto será durante os sábados e domingos. Os sábado haberá xornada completa, entre as 9:00 e 14:00 horas e logo entre as 16:00 e as 20:00. Os domingos alternaranse as xornadas nas que só terá lugar o curso pola mañá con días completos.

As persoas interesadas en tomar parte neste curso oficial poderán recadar máis información no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas no teléfono 981 49 59 5 ou ben dirixirse directamente coa escola de Tempus Narón no correo electrónico tempusnaron@gmail.com ou nos teléfonos 657926913, 607150027 e 616890418.

25 de setembro de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.