publicidade hoxe

Brión inviste 40.000 euros na mellora da seguridade dos dous parques infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión está a investir case 40.000 euros na mellora da seguridade dos dous parques infantís emprazados no parque municipal de Brión, que está situado en Pedrouzos a carón do campo municipal de fútbol. Unhas obras que está a acometer a empresa Lappset España VR SL e que estarán rematadas antes de que finalice este mes de setembro.

Os traballos consisten na substitución do actual pavimento, feito a base de area, por un chan continuo de caucho de cores. Trátase dun pavimento máis duradeiro, limpo, hixiénico e seguro para os numerosos nenos e nenas que utilizan a diario estas instalacións. Un novo pavimento que foi colocado esta semana, polo que se agarda que antes de fin de mes poidan volver a abrirse ao público ambas instalacións infantís.

Estas obras son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña asinado o pasado mes de xullo polo alcalde Xosé Luís García e o presidente da institución provincial, Diego Calvo.

24 de setembro de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.