publicidade hoxe

Boiro acolle a mostra fotográfica “Descubre a nosa realidade!” sobre violencia a mulleres con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O sábado, 27 de setembro, ás 12:00 na rúa Peonil do concello de Boiro (detrás da casa do concello) a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, inaugura a exposición Descubre a nosa ralidade!, unha mostra que visibiliza situacións de violencia contra as mulleres con discapacidade e tamén situacións de empoderamento destas mulleres.

A exposición vai ser inaugurada polo Alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo.

Descubre a nosa realidade! son fotografías de mulleres reais, que expoñen o seu día a día e nas que se reflicten formas de violencia que poden experimentar. É unha mostra de carácter itinerante, co que estará en Bueu o 11 de outubro e noutros concellos galegos ao longo do outono.

26 de setembro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.