Benestar Social de Ferrol publica esta semana os listaxes provisionais de menores beneficiarios das becas de comedor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, anunciou que entre mañá xoves e pasadomañá venres se farán públicos os listaxes provisionais dos nenos/as que recibirán as becas de comedor escolar e axudas á escolarización para o vindeiro curso 2014-2015. Ditos listaxes se poderán consultar nas catro Unidades Básicas de Traballo Social (UBTS) do Concello de Ferrol, situadas no Centro Cívico de Caranza, a Casa Solidaria, o Edificio Social e no propio Pazo Municipal.

O Concello de Ferrol xa notificou por carta certificada ás familias que teñen documentación pendente para que sexa presentados os documentos requiridos. Durante o pasado ano, un total de 800 nenos e nenas recibiron axudas á escolarización, nas que a achega por menor de ata 12 anos é de 95 euros, e foron concedidas 400 becas de comedor escolar. O Goberno Municipal aposta un ano máis pola non discriminación na concesión destas achegas, de tal maneira que poden optar a elas todos os nenos e nenas matriculados en centros educativos de Ferrol, con independencia de que cursen estudos en centros públicos ou concertados.

3 de setembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.