Belén do Campo asiste aos actos do Centro Penitenciario de Teixeiro
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou este mediodía nos actos organizados pola dirección da prisión provincial de Teixeiro, no municipio de Curtis, con motivo da festividade da patroa de Institucións Penitenciarias, Nosa Señora da Merced. Ao acto tamén asistiron o subdelegado do Goberno na provincia, Jorge Atán, o alcalde, Javier Caínzos, o xefe superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas, así como o director do centro, Carlos García, e outras autoridades, empleados e colaboradores da institución.