Baltar reúnese co Consorcio contra Incendios de Valdeorras

Manuel Baltar na reunión co consorcio
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistíu hoxe á reunión do Consorcio contra Incendios e Salvamento da comarca de Valdeorras, unha xuntanza que tivo lugar no Parque de Bombeiros da Rúa. A orde do día incluíu temas económicos e de xestión, entre os figuraron os informes de xerencia, a aprobación da conta xeral do ano 2013 e os decretos e resolucións da Presidencia. A reunión contou coa participación do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e os alcaldes da Rúa, Larouco, e Chandrexa de Queixa.











