Asínase o contrato de obra para a construción dun centro de saúde en Panxón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade de Saúde acolleu esta semana o acto de sinatura do contrato de obra entre Sergas e a empresa Obras e Servizos Gómez Crespo, para a construción dun centro de saúde en Panxón (Nigrán). Por parte do Sergas asinou o contrato a directora xeral de Recursos Económicos, Lourdes Vilachán Angueira, e en representación da empresa asinou Ramón Gómez Crespo.

O orzamento da adxudicación é de 1.841.633 euros para un superficie construída de 1.375 metros cadrados. O centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de atención primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

A obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 12 meses, ten no seu programa funcional, 6 consultas de medicina xeral, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, unha polivalente, 1 consulta de pediatría, 1 enfermería pediátrica, sala de xuntas, aseos, oficios vestiarios e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro.

26 de setembro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.