As Xornadas Penitenciarias Lucenses versarán sobre violencia de xénero
O Alcalde, José López Orozco, e Victor Fraga, director de Programas do Centro Penitenciario de Monterroso, acompañados pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentaron hoxe as 28º Xornadas Penitenciarias Lucenses, que organiza a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.
As Xornadas, nas que colabora o Concello, tratarán este ano o tema “Evolución da Lei Integral contra a Violencia de Xénero” e celebraranse os días 22 e 23 no salón de actos da Deputación provincial.
O día 22 haberá unha conferencia sobre o décimo aniversario da Lei de Meidas de Protección Integral contra a Violencia de Xéreo, a cargo de Maxistrada do Xulgado de Violencia de Xénero, Estela San José, e o día 23 terá lugar unha mesa redonda sobre o tema Perspectivas das profecionais que traballan con vítimas e agresores.











