As piscinas do Carballiño pechan a tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

As piscinas municipais do Carballiño pechan este domingo, 14 de setembro, a tempada 2014, despois de case tres meses de actividade, cunha afluencia elevada de veciños da vila e turistas que pasaron tempadas no Carballiño.

Entre as actividades máis destacadas, pola afluencia de público, estiveron as xornadas de inchables, nas que se encheu completamente o aforamento das dúas piscinas. Tamén tiveron o éxito habitual os cursos de natación, tanto de iniciación como de perfeccionamento.

A xornada deste domingo, sempre que o tempo acompañe, será a despedida das piscinas municipais por este ano.

13 de setembro de 2014 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.