As liñas de bus gratuitas de Vigo na Semana Europea da Mobilidade foron usadas por unhas 3.300 persoas
Caballero fixo hoxe xoves balance das iniciativas municipais da Semana Europea da Mobilidade, con 3.300 usuarios nas liñas gratuítas N1 e N2 durante o pasado fin de semana. O número de viaxeiros nos “búhos” incrementouse nun 15% respecto dun fin de semana normal.
Preto de 3.300 persoas usaron as liñas de bus urbano gratuitas que o Concello facilitou no marco da Semana Europea da Mobilidade. As lanzaderias de ida e volta para ver o derbi e as rutas nocturnas N1 e N2 durante o pasado fin de semana rexistraron un incremento respecto do número habitual de usuarios. Concretamente, o número de viaxeiros nos “búhos” creceu nun 15% respecto dunha fin de semana normal. A este respecto, o rexedor reiterou o seu interese por fomentar o uso do transporte público nas noites de ocio para que circulen menos coches privados o que, sen dúbida, repercutirá en maior seguridade vial para todos.











