As Lagharteiras de Mos triunfan en Ávila tras participar nun festival musical
O grupo de pandereteiras Lagharteiras do Concello de Mos ven de participar a pasada fin de semana no Festival Internacional Pedro Vaquero de Candeleda-Ávila, onde tiveron unha excepcional aceptación.
Dito grupo, dirixido por Carlos Álvarez, sitúase na actualidade coma un dos grupos de pandereteiras de maior prestixio e recoñecemento da nosa comunidade. Actualmente son arredor dunha vintena de premios os que avalan tanto a súa traxectoria no mundo da música como a súa laboura de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.
Esta noite haberá unha nova oportunidade para poder escoitalas na Semana Cultural de Randufe-Tui ás 22.30 horas.











