As Illas Atlánticas celebra o Día Mundial dos Animais cun concurso de relatos
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas convoca un concurso de relatos con motivo do Día Mundial dos Animais. Para conmemorar esta data e divulgar a fauna existente nos arquipélagos que integran o Parque Nacional (Cortegada, Cíes, Sálvora e Ons) a temática dos traballos deberá estar relacionada coas especies animais destas illas.
Poderase con cursar na categoría xuvenil (de 10 a 17 anos) e adultos (a partir de 18) e nas modalidades de “relatos curtos” (cunha extensión mínima de 900 palabras e máxima de 1.500) e de “micro relatos” (cunha extensión máxima de 500 palabras). Terán que ser textos inéditos e que non foran premiados noutros certames. Cada concursante poderá participar cun relato en cada modalidade, escrito en galeo ou en castelán e dos cales avaliarase a orixinalidade narrativa, ritmo e creatividade.
Haberá un gañador con cada categoría e modalidade, e os traballos vencedores elixiranse entre os 5 mellores seleccionados previamente polo xurado en cada apartado. O xurado contará con 5 membros representantes do Parque Nacional aos que asesorará un escritor.
Os premios consistirán nunha visita ao Parque Nacional e un lote de material divulgativo relacionado cos espazos naturais protexidos.
Os relatos deberán enviarse baixo seudónimo, por correo ordinario (ao enderezo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva 3, Vigo 36202) ou como documento adxunto por correo electrónico ao enderezo iatlanticas@xunta.es Os envíos deberán seguir o formato que se recollen nas bases do concurso que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es Para máis información poden remitir un mail a guiasveran@gmail.com











