publicidade hoxe

As Escolas municipais deportivas e culturais de Neda rexistraron 130 inscripcións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A día de hoxe, 130 veciños e veciñas de Neda formalizaron a súa inscripción nas actividades das Escolas Municipais Deportivas e Culturais do Concello. Actividades que comezaban na súa maioría a pasada se-mana e outras faránno a partires desta. As propostas máis demandadas foron pilates –obrigando á creación de tres grupos-, ximnasia de mantenemento e ioga –con dous grupos en cada caso-.

Aínda así, o concelleiro de Deportes, Roberto Rey, explicou que a matrícula permanecerá aberta durante todo o ano. Neste sentido, o edil lembra que, para favorecer a participación e evitar que o contexto de crise sexa un obstáculo, o Concello decidiu conxelar de novo neste curso as tarifas. Así, os prezos oscilan entre os 9,74 e os 22,24 euros segundo a franxa de idade. Tamén se establecen bonificacións e descontos que poden chegar ata o 90%.

29 de setembro de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.