publicidade hoxe

As empresas ourensás disporán dos préstamos Jeremie para financiar investimento en instalacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Os préstamos Jeremie e as axudas financeiras do programa Galicia 1000 para novos investimentos, foron o eixo da xornada técnica conducida por expertos de Igape e Sogarpo esta tarde na CEO, co obxectivo de informar os empresarios asistentes do abanico de axudas á súa disposición. Curro López Martínez, subdirector de información do Instituto dependente da Consellería de Economía, introduciu o programa Galicia 1000, do que os préstamos Jeremie é a liña máis destacable, dotada con 50 millóns de euros que permitirán á Xunta apoiar 1000 novos proxectos empresariais para dar resposta adecuada ás necesidades das empresas.

Curro López explicou que as microempresas e pemes ourensás que impulsen novos investimentos poderán contar con préstamos directos entre 70.000 e 1.050.000 de euros para financiar até o 70% deses investimentos, cun prazo de amortización que pode chegar aos 7 anos. Estas axudas están pensadas para que as empresas realicen investimentos tanto en novas instalacións produtivas como en ampliación ou modernización das xa existentes.

O programa Galicia 1000 incorpora ademais instrumentos como o capital risco, préstamos participativos, microcréditos e préstamos bancarios -con fondos ICO- bonificados para investimentos, préstamos avalados e garantías para o financiamento de circulante pairas as empresas que o precisen. Pola súa banda, os técnicos de Sogarpo, Alberto Alonso e José Alberto Branco, encargáronse de explicar as liñas de financiamento habilitadas mediante convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras.

18 de setembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.