publicidade hoxe

As charlas sobre o PXOM de Neda continúan no Roxal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

As charlas informativas sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal que organiza o Concello de Neda nas diferentes parroquias continuarán este martes, 30 de setembro. Será no local da AVV do Roxal ás 20 horas. As seguintes no calendario celebraránse o mércores, 1 de outubro, no local da AVV de Ancos; o xoves 2 no local da AVV de Viladonelle e o venres 3 na Casilla do Puntal. En todos os casos, as reunións principiarán ás 20 horas e nas mesmas participará persoal técnico.

29 de setembro de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.