As Cancelas achégase aos 10 millóns de visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O centro comercial As Cancelas alcanzará moi pronto os 10 millóns de visitantes, unha cifra que o consolida como o espazo de referencia de lecer gratuíto e de calidade en Santiago de Compostela e a súa área de influencia.

Está previsto que sexa mañá luns cando se consiga chegar á marabillosa cifra. Desde a dirección do centro preparan con ilusión o recibimento do visitante que coincida co número e ao que se lle obsequiará cun cartón por valor de 200 € para gastar na tenda Adidas e un pase para a zona VIP da II Edición da Fashion Night que se celebrará o próximo mes.

Desde os seus comezos, a finais de 2012, As Cancelas non deixou de medrar. O centro protagonizou grandes iniciativas desde entón, como a Fashion Night Out (cuxa segunda edición se celebrará proximamente), o Festival do Humor, o Festival de Monicreques ou a gran festa de Aniversario de Celi. Tamén realizou numerosos concursos entre os seus visitantes, regalando nos últimos meses 25 cruceiros, viaxes, noites de hotel e até un coche.

28 de setembro de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.