Arrinca en Cambre un novo obradoiro de emprego sociosanitario
Cambre emprega e forma desde hoxe a 27 desempregados do municipio despois de que a Xunta lle concedese leste mesmo verán o terceiro obradoiro de emprego en menos de dous anos. A administración autonómica subvencionou con 600.000 euros os tres obradoiros concedidos en menos de dous anos (o actual por unha subvención de 177.668 euros) e que posibilitaron contratar e formar a 88 desempregados no campo da atención sociosanitaria. Ademais, datos recentes presentados pola concellaría de Emprego constatan a boa inserción laboral destes talleres e é que o 70% das mulleres que participaron no primeiro dos Obradoiro de Emprego concedidos atoparon traballo. Trátase do terceiro obradoiro neste campo sociosanitario e é que a inserción laboral neste campo comprobouse que é moi satisfactoria.
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, desprazouse esta mesma mañá ao Centro Municipal de Formación para presentar este terceiro obradoiro e desexar sorte aos alumnos e profesores do taller de emprego. Rivas dirixiuse aos alumnos antes de que dese comeza a segunda xornada do taller: “Quérovos desexar moita sorte porque vexo que a ilusión coa que iniciades este taller é enorme. Quero que saibades que este taller obtivo uns datos excelentes de inserción laboral polo que vos animo a que espremades ao máximo esta oportunidade para que o obxectivo desta iniciativa se consiga que non é outra que atopedes pronto un emprego estable”, apuntou Rivas.
O máis importante do programa é que levarán a cabo contratos durante seis meses para desempregados de Cambre, e ao mesmo tempo cunha formación acreditada. Así, a intención do grupo de goberno cambrés é formar aos alumnos nunha actividade nova como é a atención sociosanitaria nos centros especializados de atención a persoas como unha válida alternativa laboral. A duración do Obradoiro de Emprego durará seis meses, sendo o salario dos alumnos seleccionados algo superior ao mínimo interprofesional. O concello xa formalizou convenios de colaboración con varias entidades relacionadas co sector sociosanitario e que son de carácter non lucrativo.











