Arrinca a liga para o Santiago Futsal
Este venres ás 20.30h comeza a liga. O Santiago Futsal desprázase a Pamplona para enfrontarse na primeira xornada ao Magna Navarra no Pavillón de Anaitasuna.
Un Santiago Futsal totalmente renovado, cun persoal novo pero con gran calidade grupal e individual, xogará por 12ª tempada na División de Honra do fútbol sala español. Medirase a un Magna Navarra que logrou vencer en 6 das 11 ocasións nas que se enfrontaron en terreo navarro en Liga, a última a tempada pasada cun resultado de 4-3. Nos encontros restantes os resultados foron 3 empates e 2 vitorias galegas. O conxunto compostelán tentará, nesta ocasión, conseguir a terceira vitoria en Liga en terreo navarro e facerse cos 3 primeiros puntos da competición.
O equipo compostelán afronta este encontro tras 8 partidos de pretemporada, nos que obtiveron 4 vitorias e 4 derrotas.
Esta semana exercitarase no Multiusos Fontes do Sar e viaxará o xoves pola noite cara a Navarra.
Plan de traballo da semana:
Luns 8 de Setembro:
17h. Multiusos Fontes do Sar- Táctico
Martes 9 de Setembro
9.30h. Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transf. + Porteiros
17h. Táctico
Mércores 10 de Setembro
17h. Táctico
Xoves 11 de Setembro
9.30h. Táctico
00.00h. Saída cara a Navarra
Venres 12 de Setembro
20.30h. Partido 1ª Xornada de Liga
Magna Navarra vs Santiago Futsal











